Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2012 Páx. 17822

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de dúas naves para o acondicionamento de galiñas campeiras en explotación xa existente en Moldes-Prado (expediente 6788/12).

María José Fraga Civeira, solicitou neste concello (expediente n.º 6788/12), licenza para a ampliación de dúas naves para o acondicionamento de galiñas campeiras en explotación xa existente, sita na paraxe de Moldes, Prado, deste municipio de Lalín.

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente referenciado, durante un prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, para os efectos de que se poida examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo deste concello, e formulen os interesados as alegacións que xulguen convenientes.

Lalín, 4 de maio de 2012.

Xosé Crespo Iglesias
Alcalde