Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2012 Páx. 17821

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guntín

ANUNCIO de información pública sobre instalación dunha fosa de xurro en Vilela (Costante).

Alberto Vázquez Somoza, en representación de Casa do Coxo, S.C., solicitou desta alcaldía licenza municipal para instalacion dunha fosa de zurro, que se situará en Vilela-Costante. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Guntín, 4 de maio de 2012.

Jesús Carreira Ferreiro
Alcalde