Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2012 Páx. 17819

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO polo que se fai pública a aprobación definitiva da adaptación do Plan parcial As Medoñas á Lei 9/2002.

O Pleno da Corporación, en sesión do día 26.1.2012, acordou desestimar a alegación presentada e aprobar definitivamente o expediente n.º 63/2006.PPP, de adaptación do Plan parcial As Medoñas á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA), tramitado por instancia da mercantil Las Medoñas, S.A.

A dita aprobación definitiva foi comunicada, de acordo co artigo 92.3 LOUGA, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas con data 13.2.2012.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, sirva o presente anuncio de notificación, coa finalidade e alcance que se prevén no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC).

Recursos.

Contra o presente acordo poderase interpoñer, ben de forma potestativa recurso de reposición ante o mesmo órgano que o ditou ou xa directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (STSXG), no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (LXCA).

Se se opta por interpoñer recurso de reposición previo ao contencioso-administrativo, deberá facerse perante o órgano municipal de que dimana o presente acto no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 LRX-PAC.

Contra a resolución presunta do recurso de reposición, que terá lugar transcorrido un mes desde a súa interposición sen que fose resolto expresamente e notificado, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a STSXG no prazo de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que a resolución do devandito recurso de reposición se debería ter notificado de forma expresa (un mes desde a súa interposición), todo iso de acordo co disposto no artigo 46 LXCA en relación cos artigos 116 e 117 LRX- PAC.

Arteixo, 19 de marzo de 2012.

P.D. (Decreto 989/2011, do 21 xuño)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro de Urbanismo