Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 9 de maio de 2012 Páx. 17462

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de información pública.

Queixería Prestes, S.L., con CIF número B27364199, solicitou desta alcaldía licenza municipal para a apertura dunha fábrica de queixo, que se situará no polígono industrial, parcelas 49 e 50, Vilalba (Lugo). Cumprindo o disposto no artigo 8, número 3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días, contados a partir da última publicación deste edicto no DOG e no BOP, coa finalidade de que durante este poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgunha maneira se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacions e observacións que consideren oportunas.

Vilalba, 18 de abril de 2012.

Gerardo Criado Guizán
Alcalde