Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 9 de maio de 2012 Páx. 17463

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca licitación pública para a contratación do servizo de prevención alleo de riscos laborais nas especialidades de seguridade no traballo, hixiene industrial, ergonomía e psicosocioloxía aplicada (NC0007/2012).

Convócase concurso para o servizo de prevención alleo de riscos laborais nas especialidades de seguridade no traballo, hixiene industrial, ergonomía e psicosocioloxía aplicada (NC0007/2012).

A data límite para a presentación das ofertas é o 25 de maio de 2012 ás 13.00 horas.

A data de apertura do sobre B será o 7 de xuño de 2012 ás 11.00 horas.

O prego do concurso poderá retirarse a partir desta data en:

Plataforma de Contratación Pública de Galicia: www.contratosdegalicia.es

www.sogama.es, apartado de perfil de contratante.

Copy Nino, rúa Feáns, n.º 19, Santiago de Compostela, telf.: 981 58 89 38.

A entrega das ofertas realizarase no seguinte enderezo: Sogama, S.A., Morzós, n.º 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda (A Coruña), telf.: 981 69 85 00.

O custo dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Cerceda, 3 de maio de 2012.

Luis Lamas Novo
Presidente