Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 9 de maio de 2012 Páx. 17461

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre licenzas de procedementos de avaliación ambiental (38028/422 e 38539/422).

As entidades que se citan a continuación solicitaron da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo licenzas urbanísticas para as actividades e nos lugares que a continuación se indican:

1. Solicitante: Promociones Inmobiliarias Roflovi, S.L., actividade: almacén de material de electricidade; lugar: estrada Madrid (N-120), 210; expedientes: 73438/421 e 38028/422.

2. Solicitante: Javier Álvaro Gómez, actividade: supermercado; lugar: As Teixugueiras, 7, esquina rúa do Limpiño; expedientes: 74793/421 y 38539/422.

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométense os expedientes a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte á publicación do primero anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte á publicación do derradeiro anuncio. Os expedientes están á disposición do público en xeral e pódense consultar na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia, sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 12 de abril de 2012.

M.ª del Carmen Silva Rego
Concelleira delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos
e Grandes Proxectos