Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 9 de maio de 2012 Páx. 17460

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública do estudo de detalle no ámbito da modificación puntual do Plan Especial de Reforma Interior (PERI-5) e do Plan Parcial do SUNP-6 San Lázaro.

A Xunta de Goberno local, na sesión ordinaria que tivo lugar o 20 de febreiro de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

– Aprobar inicialmente o estudo de detalle no ámbito da modificación puntual do Plan Especial de Reforma Interior (PERI-5) e do Plan Parcial do SUNP-6 (San Lázaro), formulado de oficio polo concello para a concreción das rasantes no citado ámbito de planeamento.

En aplicación do procedemento regulado polo artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG), o estudo de detalle inicialmente aprobado someterase a información pública durante o prazo de vinte días, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na provincia. Simultaneamente, practicarase citación persoal aos propietarios das parcelas afectadas segundo figuren no catastro e publicarase edicto no Boletín Oficial da provincia.

O acordo de aprobación inicial determina automaticamente, por aplicación do que dispón o artigo 77.2 da LOUG, a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas de edificación no ámbito das parcelas afectadas, durante o prazo máximo de dous anos, contado desde a data da aprobación inicial do estudo de detalle.

De conformidade co disposto no artigo 86.2 da LOUG, o citado expediente sométese a información pública, durante o prazo de vinte días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo os interesados poderán consultar o expediente no Servizo de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2012.

Gerardo Conde Roa
Alcalde