Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 9 de maio de 2012 Páx. 17409

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 10 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2012002 AL-OU por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 27 de febreiro de 2012, a xefa territorial de Sanidade de Ourense ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2012002 AL-OU, incoado na Xefatura Territorial de Ourense a José Luis y Guillermo Santamaría, C.B., como titulares de almacén frigorífico Dolores Santamaría Gil.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a José Luis y Guillermo Santamaría, C.B., o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de 15 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa avda. de Zamora, n.º 13 de Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Apercíbeselle tamén de que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 10 de abril de 2012.

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

N.º expediente: 2012002 AL-OU.

Denunciado: José Luis y Guillermo Santamaría, C.B., como titulares de almacén frigorífico Dolores Santamaría Gil.

DNI: E-32420861.

Último enderezo coñecido: r/ Rodríguez Punxín, n.º 11, Barbadás (Ourense).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición, artigo 50, en relación co Regulamento (CE) n.º 852/04, do 29 de abril, e Regulamento (CE) n.º 853/04, do 29 de abril.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 500,00 euros (cincocentos euros).