De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázase a Maribel Barreiro García para ser notificada por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.
O acto foi adoptado polo xefe territorial.
A comparecencia efectuarase, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na sede desta xefatura territorial, sita na praza de Luís Seoane s/n, 7.º andar, edificio administrativo de Monelos, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres (Sección de Nóminas).
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 19 de abril de 2012.
Indalecio Cabana Leira
Xefe territorial da Coruña