Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 9 de maio de 2012 Páx. 17341

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2012, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se lle dá publicidade ao convenio de colaboración subscrito no primeiro cuadrimestre do ano 2012.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlle publicidade ao convenio de colaboración subscrito pola Secretaría Xeral de Medios e tramitado pola Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais, no primeiro cuadrimestre do ano 2012, o cal se relaciona no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2012.

Alfonso Cabaleiro Durán
Secretario xeral de Medios

ANEXO

Convenio

Data sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e a Fundación Universidade da Coruña para a organización dos talleres dixitais e conferencias de promoción do sector multimedia e audiovisual galego no marco da iniciativa Mundos Dixitais.

12.3.2012

40.000,00 €