Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 8 de maio de 2012 Páx. 17319

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de información pública sobre a formalización do contrato dunha póliza de seguros que cubra os riscos por responsabilidade civil xeral do Concello de Ourense.

En cumprimento co disposto no artigo 138.1 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato privado:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Infraestruturas.

c) Número de expediente: ref. 2194.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: privado.

b) Descrición do obxecto: contratación, mediante procedemento aberto, dunha póliza de seguro que cubra os riscos por responsabilidade civil xeral do Concello de Ourense.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 2 de novembro de 2011 e 4 de novembro de 2011.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 126.260,00 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 15 de marzo de 2012.

b) Data de formalización: 30 de marzo de 2012.

c) Contratista: Zurich, Insurance PLC, sucursal en España.

d) Importe de adxudicación: 99.745,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta máis vantaxosa conxugando a oferta económica e a participación en beneficios, e ser a empresa que máis puntos obtivo na oferta técnica, de conformidade cos informes que constan no expediente e coas resolucións da mesa de contratación.

Ourense, 13 de abril de 2012.

Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde