Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 8 de maio de 2012 Páx. 17321

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pobra do Brollón

EDICTO de exposición pública da solicitude de licenza municipal para estación base de telefonía.

Solicitada a esta Alcadía por Francisco Martín Moreno, en representación da empresa France Telecom España, S.A. (Orange), licenza de actividade para estación base de telefonía móbil , que se situará na parcela 352, do polígono 34 da parroquia de Cereixa da Pobra do Brollón, cumprindo o disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles, co fin de que durante este tempo, que comenzara a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na secretaría deste Concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observación que estimen oportunas.

A Pobra do Brollón, 12 de abril de 2012.

José Luis Maceda Vilariño
Alcalde