Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 8 de maio de 2012 Páx. 17318

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cotobade

ANUNCIO de información pública sobre a apertura dun centro de ocio ecuestre na Atalaia (Viascón).

Marina Peleteiro Fontenla, en representación de Xunca Xestión, S.L, solicita licenza municipal para a apertura dun centro de ocio ecuestre no lugar da Atalaia (Viascón). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un período de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que dentro dese prazo os interesados poidan examinalo, na Secretaría deste concello, para a alegación de todo aquilo que consideren oportuno.

Cotobade, 16 de abril de 2012.

Jorge Cubela López
Alcalde