Exposición pública do expediente AP-6/2012.
Tramitase no Departamento de Urbanismo do Concello de Teo.
Actividade: serradoiro de pedra.
Situación: rúa Clara Campoamor, Montouto-Cacheiras.
Solicitante: Marcos González Coego, en representación de Mármoles Daniel G.L., S.L.U.
En cumprimento do determinado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, sobre avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a exposición pública durante un prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia.
Teo, 26 de abril de 2012.
Martiño Noriega Sánchez
Alcalde