A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre convoca o LIV Premio Fernández Latorre e invita a particulares e institucións a participar nel.
Este premio réxese polas seguintes bases:
1. Premio.
Concederase o Premio Fernández Latorre, dotado nesta edición con 10.000 euros, a unha traxectoria, persoal ou profesional, ou a un traballo xornalístico publicado en calquera medio de comunicación entre o 7 de maio de 2011 e o 6 de maio de 2012.
2. Ditame e entrega.
O ditame farase público no diario La Voz de Galicia o vindeiro 25 de xullo, festividade do Apóstolo Santiago e Día de Galicia.
O premio entregarase no transcurso dun acto que terá lugar no último trimestre de 2012.
3. Xurado.
O xurado, formado polos patróns e patróns de honra da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e o director de La Voz de Galicia, terá, ademais das facultades normais para elixir a traxectoria ou traballo premiados, a de interpretar as presentes bases.
4. Presentación de traballos.
Os expedientes ou traballos deberanse enviar por correo electrónico:
(fundacionsantiagoreyfernandez-latorre@lavoz.es) ou ordinario á Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, avda. da Prensa, 84-85, polígono industrial de Sabón, 15142 Arteixo (A Coruña), ata o 31 de maio, coa indicación «Premio Fernández Latorre».
Os expedientes ou traballos poderán ser presentados polos interesados, polos membros do xurado ou por calquera persoa ou entidade. Neste último caso, debe acreditarse o consentimento do candidato.
5. Condicións.
A presentación a este premio supón a conformidade dos participantes coas bases e implica, se é o caso, a autorización para a difusión pública, sen finalidade lucrativa, do traballo premiado.
A decisión do xurado é inapelable.
A Coruña, 16 de abril de 2012.
Santiago Rey Fernández-Latorre
Presidente da Fundación
P.O. José Francisco Sánchez Sánchez
(Director da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, 32 436 350 W)