Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 8 de maio de 2012 Páx. 17323

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Soutomaior

ANUNCIO de información pública sobre depósito de materiais, almacenamento e parques de maquinaria e estacionamento e exposición de vehículos ao aire libre en Arcade.

Rolando Vidal González e Dolores Rodríguez Cabaleiro solicitaron licenza de uso e actividade, en solo rústico de protección forestal, cos seguintes datos:

• Uso solicitado: depósito de materiais, almacenamento e parques de maquinaria e estacionamento e exposición de vehículos ao aire libre.

• Localización: avda. Castelao n.º 146, Arcade (Soutomaior).

• Ocupación da actividade:

– Zona de exposición: 990,00 m2.

– Zona de almacenamento: 2.516,30 m2.

– Zona de paso: 578,45 m2.

• Altura da edificación: non hai, por ser unha actividade ao aire libre.

De conformidade co artigo 42.2.b) da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e artigo 8.3.º do Decreto 133/2008, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de vinte días, para os efectos de posibles reclamacións por parte dos afectados. O expediente poderase consultar nas oficinas municipais de luns a sábado e das 9.00 ás 13.00 horas.

Soutomaior, 2 de abril de 2012.

Agustín Reguera Ocampo
Alcalde