Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 8 de maio de 2012 Páx. 17283

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o acordo de disolución da Asociación de Productores de Porcino da Comarca de Sarria.

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical, faise público que:

No correspondente servizo desta dirección xeral recibiuse, o 16 de abril de 2012, certificación da acta da asemblea xeral extraordinaria da Asociación de Productores de Porcino da Comarca de Sarria, onde se reflicte o acordo de disolución da devandita asociación, acadado segundo establece o artigo 32 dos seus estatutos.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2012.

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais