Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 8 de maio de 2012 Páx. 17284

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 12 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (RL 2009/0420-4).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Expediente: RL 2009/0420-4.

Acta: I362009000091611.

Empresa: Ábside Recursos Humanos ETT, S.A.

NIF: A-36329977.

Enderezo: praza de Galicia, 19-1.º, Vilagarcía de Arousa.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigo 43 do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigos 5.1, 8.2, 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data resolución: 27 de marzo de 2012.

Resolución: multa de 12.000 €.

Fáiselle saber ao interesado que pode formular recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda.

Vigo, 12 de abril de 2012.

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo