Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 8 de maio de 2012 Páx. 17280

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, de adxudicación provisional no concurso público de novas oficinas de farmacia, convocado pola Resolución do 29 de decembro de 2006.

Unha vez esgotada a primeira fase prevista no Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, peche e transmisión de oficinas de farmacia (DOG núm. 125, do 28 de xuño), o 28 de febreiro de 2009 a conselleira de Sanidade ditou a resolución de adxudicación no concurso público de novas oficinas de farmacia (DOG núm. 46, do 6 de marzo), convocado pola Resolución do 29 de decembro de 2006.

O artigo 27 do Decreto 146/2001, do 7 de xuño, establece que «os farmacéuticos solicitantes admitidos que non obtivesen oficina de farmacia pasarán a formar parte dunha lista de reserva na que figurarán pola súa orde de puntuación.

A renuncia ou perda da adxudicación con anterioridade á apertura da nova oficina de farmacia implicará a adxudicación da oficina de farmacia de que se trate a quen figure nese momento no lugar máis alto da lista de reserva, sempre que a solicitase para esa zona farmacéutica».

Así mesmo, o artigo 22 do Decreto 146/2001 sinala que los farmacéuticos participantes no concurso deben indicar na súa solicitude de participación a orde da oficina ou oficinas de farmacia a que se concursa, determinando asíáas súas preferencias.

Por todo o exposto, esta secretaría xeral técnica

RESOLVE:

1. Aprobar a relación de oficinas de farmacia que resultaron vacantes tras o remate da primeira fase do concurso de adxudicación, que serán adxudicadas ás/aos farmacéuticas/os recollidos/as na Resolución do 22 de decembro de 2011 da conselleira de Sanidade, pola que se modifica o anexo II da Resolución do 28 de febreiro de 2009, de adxudicación no concurso público de novas oficinas de farmacia, segundo figura no anexo I desta resolución, de conformidade co previsto no Decreto 146/2001, do 7 de xuño.

2. Adxudicar provisionalmente as autorizacións para a instalación das ditas oficinas de farmacia, atendendo:

1) Ao posto correspondente á/ao farmacéutica/o na lista de reserva segundo o reflectido no anexo da resolución da Consellería de Sanidade pola que se modifica o anexo II da Resolución do 28 de febreiro de 2009, de adxudicación no concurso público de novas oficinas de farmacia.

2) Atendendo a:

1. Que tivese solicitado algunha das oficinas de farmacia reflectidas no anexo I desta resolución.

2. Ás preferencias manifestadas na súa solicitude de participación no concurso público de adxudicación de novas oficinas de farmacia.

3. Ordenar a publicación desta resolución, que se exporá tamén nos taboleiros de anuncios da Consellería de Sanidade, nos das súas xefaturas territoriais e que poderá consultarse na páxina oficial da Consellería de Sanidade (www.sergas.es).

Esta resolución non pon fin á vía administrativa e contra ela poderase interpor un recurso de alzada no prazo dun mes ante a conselleira de Sanidade, conforme o disposto no artigo 114.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, e o disposto na disposición adicional terceira número 3 do Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, peche e transmisión de oficinas de farmacia.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2012.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO I

Área de saúde

Zona farmacéutica

Delimitación territorial (parroquias)

Código

A Coruña

Cambre

O Temple (Santa María)

C7

A Coruña

Culleredo

Almeiras (San Xián)

C12

A Coruña

Muxía

San Martiño de Ozón (San Martiño)

C18

A Coruña

Oleiros

Iñás (San Xorxe)

C20

A Coruña

Ponteceso

Cospindo (San Tirso)

C24

A Coruña

Zas

San Martiño de Meanos (San Martiño)

C27

Ferrol

Narón

Xubia (Nosa Señora dos Desamparados)

F2

Ferrol

Pontedeume

Vilar (San Pedro)

F7

Santiago

A Pobra do Caramiñal

Lesón (Santa Cruz)

S10

Santiago

Ribeira

Carreira (San Paio)

S12

Santiago

Silleda

Escuadro (San Salvador)

S14

Lugo centro

Cospeito

Goá (San Xurxo)

LC2

Lugo centro

Friol

San Martiño de Condes (San Martiño)

LC3

Lugo centro

Negueira de Muñiz

Negueira (San Salvador)

LC5

Lugo norte

Xove

A Rigueira (San Miguel)

LN5

O Barco

O Barco de Valdeorras

O Barco (San Amaro)

B1

Ourense

O Pereiro de Aguiar

Santa Marta de Moreiras (Santa Marta)

O5

Ourense

Xinzo de Limia

Xinzo de Limia (Santa Mariña)

O8

Vigo

O Rosal

O Rosal (Santa Mariña)

V9

ANEXO II
Adxudicación por orde de preferencia do/a farmacéutico/a

Área

farmacéutica

Zona

Delimitación territorial

Código

Adxudicatario/a

A Coruña

Cambre

O Temple (Santa Mariña)

C7

Ortiz Bravo, Josefina

A Coruña

Culleredo

Almeiras (San Xián)

C12

Calleja Chuclá, Teresa M.ª

A Coruña

Muxía

San Martiño de Ozón (San Martiño)

C18

Junquera Armesto, Elvira

A Coruña

Oleiros

Iñás (San Xorxe)

C20

Peñalber Barral, M.ª Dolores

A Coruña

Ponteceso

Cospindo (San Tirso)

C24

Yáñez Martínez, M.ª Dolores

A Coruña

Zas

San Martiño de Meanos (San Martiño)

C27

García Díaz, Eva M.ª

Ferrol

Narón

Xubia (Nosa Señora dos Desamparados)

F2

Maceiras Bidegain, Jaime

Ferrol

Pontedeume

Vilar (San Pedro)

F7

Troncosos Rego, Gemma M.ª

Santiago

A Pobra do Caramiñal

Lesón (Santa Cruz)

S10

Teijeiro Bautista, Marta

Santiago

Ribeira

Carreira (San Paio)

S12

Bouzas Tasende, Ana M.ª

Lugo centro

Cospeito

Goá (San Xurxo)

LC2

Yáñez Jato, Matilde

Lugo centro

Friol

San Martiño de Condes (San Martiño)

LC3

Rodríguez Losada, M.ª Isabel

Lugo centro

Negueira de Muñiz

Negueira (San Salvador)

LC5

Mauriz Montero, M.ª José

Lugo norte

Xove

A Rigueira (San Miguel)

LN5

Balea Filgueiras, Jesús Manuel

O Barco

O Barco de Valdeorras

O Barco (San Amaro)

B1

Taboada Arjona, Ricardo

Ourense

O Pereiro de Aguiar

Santa Marta de Moreiras (Santa Marta)

O5

Blanco Fernández, José Manuel

Ourense

Xinzo de Limia

Xinzo de Limia (Santa Mariña)

O8

Fernández Orcajada, Ana

Santiago

Silleda

Escuadro (San Salvador)

S14

Touceda Taboada, Dolores Sonia

Vigo

O Rosal

O Rosal (Santa Mariña)

V9

Iglesias Pereira, Carmen M.ª