Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 8 de maio de 2012 Páx. 17278

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2012 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, da contratación do servizo de vixilancia e seguridade do Centro Galego de Arte Contemporánea.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Enderezo: rúa Valle Inclán 2, 15704 Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 66 14, fax: 981 54 66 25.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de vixilancia e seguridade do CGAC.

3. Orzamento do contrato: 448.400,00 €.

Exercicio 2012: 130.783,33 €.

Exercicio 2013: 224.200,00 €.

Exercicio 2014: 93.416,67 €.

4. Prazo de vixencia: dous anos, prorrogable.

5. Fianzas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5% do orzamento de adxudicación.

6. Clasificación do contratista: grupo M, subgrupo 2, categoría B.

7. Presentación de propostas:

a) Lugar: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, edificio San Caetano, 15711 Santiago de Compostela.

b) Prazo: comezará o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no DOG e terminará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas; se o último día for inhábil prolongarase o prazo ata o día hábil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas propostas en tres sobres pechados e en cada un figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.

8. Documentación que presentarán os licitadores: os licitadores presentarán a documentación especificada nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

9. Modelo de proposición económica: o que figura como anexo III no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas: todos os interesados poderán consultalos na Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea e tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17377

11. Apertura de proposicións: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Secretaría Xeral de Cultura ás 11.00 horas da data que será anunciada con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/

12. Anuncios: os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2012.

Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura