Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 8 de maio de 2012 Páx. 17274

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2011/118-2, 7955 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: CPS Obras e Infraestructuras del Atlántico, S.L.

Domicilio social: lugar de Aián, Sigrás, Cambre.

Denominación: L.M.T.S., C.S. e C.T. para o edificio da policía local en Lugo.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

– C.S. prefabricado tipo Ormazábal PF-15, no lindeiro da parcela, no cal se instalan dúas celas de interruptor-seccionador e unha de protección de fusibles.

– L.M.T.S. a 20 kV en canalización proxectada, con orixe no centro de seccionamento proxectado e final no centro de transformación proxectado, cunha lonxitude de 70 metros en condutor R.H.Z.-95.

– C.T. en edificio non prefabricado, no cal se instala unha cela de remonte, unha de protección de trafo, e unha cela de medida, cunha potencia proxectada de 630 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 11 de abril de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo