Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: NCG División Grupo Inmobiliario, S.L.
Domicilio social: avda. Linares Rivas, n.º 30, planta 3.ª, 15005 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T. para alimentar a edificio na avda. Breogán n.º 23.
Situación: concello de Lugo.
Características técnicas: L.M.T.S. a 20 kV en canalización existente e proxectada, consistente en anelar o C.T. proxectado avda. Breogán, 23, entre o C.T. Baloira e o OCR Orquídea 2, cunha lonxitude de 220 metros en condutor novo e 110 metros de condutor recuperados en obra tipo R.H.Z.-240.
C.T. avda. Breogán, 23, en edificio non prefabricado, no cal se instalan tres celas de liña e unha de protección de trafo, cunha potencia proxectada de 630 kVA, unha potencia inicial de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.
R.B.T.S. con orixe no C.T. proxectado e final nas CXP do edificio a electrificar en condutor tipo R.Z.1-K(AS).
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real Decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Lugo, 11 de abril de 2012.
José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo