Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 8 de maio de 2012 Páx. 17276

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lobeira (expediente IN407A 2012/14-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: L.M.T.S. e C.T. Poboado e presa As Conchas.

Situación: Lobeira.

Características técnicas:

– Modificación da L.M.T. aérea ao C.T. 32AQ23 a 20 kV de 13 m, con condutor LA-56, con orixe e remate na L.M.T. aérea ao C.T. existente 32AQ23.

– L.M.T. aerosubterránea a 20 kV de 42 m en aéreo, con condutor LA-56 e 250 m en subterráneo, con condutor R.H.Z.1 e orixe na L.M.T. existente ao C.T. 32AQ23 e remate no C.T. proxectado non prefabricado, Poboado, de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V. Orzamento: 55.365,10 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta jefatura territorial; Curros Enríquez, 1-4.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 11 de abril de 2012.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense