Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 7 de maio de 2012 Páx. 16941

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (202/2010).

Juan Rey Pita, secretario do Social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Miguel Rodríguez García contra San Andrés 166, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 202/2010 se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 209/2012.

Na cidade da Coruña, oito de marzo de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 do Xulgado e localidade ou provincia A Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Miguel Rodríguez García, en cuxo nome e representación comparece o ltdo. José Paramo Sureda, e doutra como demandada a empresa San Andrés 166, S.L., que non comparece.

Que estimando a demanda formulada por Miguel Rodríguez García contra a empresa San Andrés 166, S.L., condeno esta a aboarlle a cantidade de 5.133,33 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.36.202.10, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, en caso de ser condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.202.10, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo Sr. maxistrado que a ditou, encontrándose realizando audiencia pública no día da data, do cal dou fe».

E para que sirva de notificación a San Andrés 166, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 19 de marzo de 2012.

O secretario xudicial