Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 7 de maio de 2012 Páx. 16943

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (274/2010).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que por providencia ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Vanessa García Sampedro contra Off Films, S.L., Eloy Lozano Publicidad, S.L., Fluir Ediciones, S.L., Professional Publications & Exhibitions, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 274/2010, se acordou citar a Off Films, S.L., Eloy Lozano Publicidad, S.L., Fluir Ediciones, S.L., Professional Publications & Exhibitions, S.L., en paradoiro descoñecido, co fin de que comparezan o día 22 de maio de 2012, ás 9.45 horas, para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, que terán lugar na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, sito na rúa Monforte, s/n. Deberán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e con todos os medios de proba de que se intenten valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia e render confesión xudicial no mesmo acto, poderán ser considerados confesos en caso de non comparecer, así mesmo requírese, para que acheguen no dito acto a documental solicitada na demanda.

Fáiselles saber que a copia da demanda está ao seu dispor na Secretaría deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás aquelas que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral.

E para que sirva de citación a Off Films, S.L., Eloy Lozano Publicidad, S.L., Fluir Ediciones, S.L., Professional Publications & Exhibitions, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 10 de abril de 2012.

O secretario xudicial