Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 7 de maio de 2012 Páx. 16940

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (387/2011).

Ana González González, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, no presente procedemento de divorcio 387/2011, seguido por instancia de Yolanda Opazo Raya fronte a Fernando Óscar Sequi ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son os seguintes:

«Vistos estes autos número 387/2011 sobre divorcio, promovidos pola procuradora Sra. Conde, en nome e representación de Yolanda Opazo Raya como demandante, asistida polo letrado Sr. Lama Feijoo, fronte a Fernando Óscar Sequi, que foi declarado en rebeldía.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolución.

Acordo a disolución do matrimonio formado por Yolanda Opazo Raya e Fernando Óscar Sequi con todos os efectos legais inherentes á devandita disolución.

Non se impoñen as custas deste procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra esta resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días desde a notificación recurso de apelación (artigo 457 e ss. da LAC) ante este tribunal. Débese constituír o depósito legalmente establecido.

E unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no rexistro civil onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina a súa señoría. Dou fe».

E encontrándose o devandito demandado, Fernando Óscar Sequi, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma a el.

Ourense, 19 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial