Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 7 de maio de 2012 Páx. 17044

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o acordo de trasladar o expediente da Agrupación Empresarial de Autónomos e Profesionais de Galicia ao Rexistro de asociacións profesionais de traballadores autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia e a correspondente baixa na Oficina Pública de Depósito de Asociacións Empresariais e Sindicais de Galicia.

Con data do 9 de marzo de 2012 recibiuse solicitude de traslado do expediente da Agrupación Empresarial de Autónomos e Profesionais de Galicia ao Rexistro de asociacións profesionais de traballadores autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vista a documentación presentada, e en virtude do disposto na disposición transitoria terceira da Orde do 17 de setembro de 2010, pola que se desenvolve o Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de asociacións profesionais de traballadores autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, acórdase dar traslado do expediente da citada federación ao citado rexistro e procédese á súa baixa na Oficina Pública de Depósito de Asociacións Empresariais e Sindicais de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2012.

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais