Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 7 de maio de 2012 Páx. 17045

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo no marco do Programa operativo FSE Galicia 2007-2013. Eixe 2, tema prioritario 71. Vías de integración e reintegración no mundo laboral das persoas desfavorecidas; loita contra a discriminación no acceso ao mercado laboral e na evolución del e fomento da aceptación da diversidade no lugar de traballo, do contrato de xestión de servizos públicos con número de expediente 130/2008, denominado Xestión do programa Mentor para a inserción sociolaboral de mozos e mozas en risco social.

A secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar, para os efectos previstos nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, acordou dar publicidade do cofinanciamento pola Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo nun 80% no marco do Programa operativo FSE Galicia 2007-2013. Eixe 2, tema prioritario 71. Vías de integración e reintegración no mundo laboral das persoas desfavorecidas; loita contra a discriminación no acceso ao mercado laboral e na evolución del e fomento da aceptación da diversidade no lugar de traballo, das accións de inserción sociolaboral previstas no seguinte contrato:

«Contrato de xestión do servizos públicos para o desenvolvemento do programa Mentor para a inserción sociolaboral de mozos e mozas en risco social» (expediente 130/2008), publicado no Diario Oficial de Galicia número 150, do 3 de agosto de 2009 e adxudicado pola Resolución do 22 de setembro de 2009, da Consellería de Traballo e Benestar.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2012.

Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar