Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 7 de maio de 2012 Páx. 17046

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 11 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (RL 2007/0331-4).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, mediante esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Expediente: RL 2007/0331-4.

Acta: 239/2007.

Empresa: Castro Galicia, S.A.

NIF: A-08829574.

Enderezo: Diputación, 256, 4.º, 2.º, Barcelona.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigo 14 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, e artigo 3.a), parte C, do anexo IV, en relación co artigo 11.c) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.16.f), 39.3.a) e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data de resolución: 20.3.2012.

Resolución: multa de 3.000 €.

Fáiselle saber a interesada que pode formular recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinalan, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Vigo, 11 de abril de 2012.

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo