Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 7 de maio de 2012 Páx. 17063

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 21 de decembro de 2011, do Servizo Provincial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente 27.049/11.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparencia.

O acto foi adoptado pola xefa do Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo de Lugo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, ante o Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na rolda da Muralla, n.º 70 de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 21 de decembro de 2011.

Beatriz Penas Enríquez
Xefa do Servizo Provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: 27.049/11.

Interesado: José García Trabadelo.

NIF: 76935451 Z.

Acto notificado: acordo de iniciación do 17 de novembro de 2011.