Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 7 de maio de 2012 Páx. 17062

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

CÉDULA do 17 de abril de 2012 pola que se fai pública a notificación de resolución do expediente de baixa no Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia, tramitado polo Instituto Galego de Consumo, que foi devolta polo servizo de Correos por resultar o seu domicilio descoñecido.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 13, do 14 de xaneiro) notifícase á Asociación Unión Cívica Municipal de Consumidores y Amas de Hogar de Vigo UNAE-Vigo. CIF: G36758167, a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co Decreto 95/1984, do 24 de maio, de rexistro de organizacións de consumidores e usuarios de Galicia, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta no expediente existente no Instituto Galego de Consumo.

Fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias do Instituto Galego de Consumo (Servizo de Información, Cooperación e Fomento), con enderezo na avenida de Gonzalo Torrente Ballester, n.º 1-5 de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, de acordo co disposto nos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, perante o xulgado contencioso-administrativo onde teña a súa sede o órgano que ditou o acto orixinariamente impugnado, de acordo co disposto no artigo 8.3 en relación co 14.1 primeira, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que estimen oportuno.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2012.

M.ª Nava Castro Domínguez
Presidenta do Instituto Galego de Consumo