Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 7 de maio de 2012 Páx. 17064

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2012, da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 7661/2011, interposto por Julio Castelo Álvarez contra a Resolución do 21 de xuño de 2011, que desestima a solicitude de suspensión no recurso de alzada interposto contra a Resolución do 31 de marzo de 2011 do director xeral do IGVS, de incoación de expediente de reversión de terreos transmitidos ao IGVS incluídos no sector 10 do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Coruña (Parque Ofimático).

O Tribunal Superior de Xustiza, Sala do Contencioso-Administratrivo, Sección 3.ª, remitiu a esta Administración un oficio polo que se solicita o expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 7661/2011, interposto por Julio Castelo Álvarez contra a Resolución do 21 de xuño de 2011, que desestima a solicitude de suspensión no recurso de alzada interposto contra a Resolución do 31 de marzo de 2011, do director xeral do IGVS, de incoación de expediente de reversión de terreos transmitidos ao IGVS incluídos no sector 10 do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Coruña (Parque Ofimático).

En consecuencia, acórdase nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao dito tribunal, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos citados, no Tribunal Superior de Xustiza, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 3.ª, no prazo de nove días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2012.

Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo