Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 4 de maio de 2012 Páx. 16759

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de declaración, en concreto, de utilidade pública e necesidade da urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica L.M.T., C.T. e R.B.T. Sobral, no concello de Pontevedra, a cal conta con autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución do 28.12.2007 (expediente IN407A 2007/503-4).

Visto o expediente para outorgamento de declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Sobral.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor tipo R.H.Z. de 231 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado HVH-1000/15 n.º 16 da L.M.T. MUR811 (Bora 11) e final no C.T. proxectado. Centro de transformación de 160 kVA, R.T. 20 kV/400-230 V, situado en Sobral, Xeve, Pontevedra. Retensado dos vans da L.M.T. MUR811 (Bora 11) entre os apoios n.º 15 e 17. Catro redes de BT, dúas aéreas e dúas subterráneas, de 654, 885, 21 e 472 metros de lonxitude respectivamente.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 17 de marzo de 2011, no BOP do 18 de marzo de 2011, no xornal La Voz de Galicia do 18 de marzo de 2011 e no taboleiro de anuncios do concello de Pontevedra.

Durante o mencionado trámite, con data do 5 de abril de 2011, teñen entrada nesta xefatura territorial as alegacións presentadas por Enrique Casalderrey Rivas, con DNI 44079256-D, que expón no seu escrito que actúa en representación de José Manuel Sanmartín Hermida, titular do predio n.º 2 da relación de bens e dereitos afectados, e indica o seguinte:

Que o titular do predio non está de acordo coa afección de 4 m2 para o primeiro apoio, posto que o predio está pechado cun muro de cachotería e quedaría seriamente afectado.

Que están de acordo en que se realicen todas as obras necesarias sempre que se fagan fóra da propiedade, polo que propoñen como posible solución desprazar o poste existente, xa que está moi próximo, ao límite da propiedade.

Nun escrito, con data de rexistro de entrada do 29 de xullo de 2011, a empresa distribuidora Unión Fenosa Distribución, S.A. responde ás alegacións indicando:

Que se puxeron en contacto coa persoa indicada no escrito de alegacións de Enrique Casalderrey e que se desprazaron ao predio e lle indicaron as posibles afeccións e, tras varias conversas telefónicas, non obtiveron ningunha resposta clara ata o día 21 de xullo de 2011, data en que se lles confirma que o afectado non acepta ningún acordo, polo cal solicitan que se continúe co trámite expropiatorio.

Vistas as alegacións, a contestación dada por Unión Fenosa Distribución, S.A., e os feitos acaecidos, resulta o seguinte:

Primeiro. A utilidade pública das instalacións eléctricas de distribución, para os efectos de expropiación dos bens e dereitos necesarios para o seu establecemento e da imposición e exercicio da servidume de paso, está recoñecida no artigo 52.1 da Lei do sector eléctrico.

Segundo. A necesidade da instalación queda xustificada xa que existe reclamación por incumprimento da calidade da subministración de electricidade e, segundo o artigo 105.1 e 105.5 do Real decreto 1955/2000, é responsabilidade do distribuidor restablecer a calidade coas medidas oportunas e, de acordo co artigo 2.2 da Lei do sector eléctrico, os servizos de subministración eléctrica (tanto en transporte como en distribución) teñen a consideración de servizo esencial.

Terceiro. De acordo co artigo 57 da Lei do sector eléctrico e o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, en que se recollen as limitacións á constitución de servidumes de paso, establece no seu punto 1 que non se poderá impoñer servidume de paso para as liñas de alta tensión sobre edificios, os seus patios, currais, centros escolares, campos deportivos e xardíns e hortas, tamén pechados, anexos a vivendas que xa existan ao tempo de iniciarse o expediente de solicitude de declaración de utilidade pública, sempre que a extensión das hortas e xardíns sexa inferior a media hectárea. No caso que nos ocupa, o predio non está anexo a ningunha vivenda, polo que non se inclúe dentro das limitacións recollidas no artigo 161.

Cuarto. En ningún momento da tramitación Enrique Casalderrey acreditou a representación do afectado nin que o interlocutor que mantivo conversas con Unión Fenosa Distribución, S.A. fora José Manuel Sanmartín Hermida.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial

RESOLVE:

Declarar, en concreto, a utilidade pública da instalación e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados.

Esta declaración outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do R.D. 1955/2000, será de 14 meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 10 de abril de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra