O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 24 de febreiro de 2012, acordou, por unanimidade, aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o Concello de Ribadumia, por acordo do Pleno de data 8 de maio de 2008 e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra, á parte das facultades de liquidación e recadación da taxa por abastecemento de auga que viña realizando, exerza tamén as facultades de xestión e inspección da dita taxa.
A ampliación da delegación efectuada polo Pleno do Concello de Ribadumia para exercer as facultades de xestión e inspección da taxa por abastecemento de auga será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL).
O que se fai público para xeral coñecemento.
Pontevedra, 3 de abril de 2012.
Rafael Louzán Abal Presidente da Deputación Provincial |
Carlos Cuadrado Romay Secretario da Deputación Provincial |