Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 3 de maio de 2012 Páx. 16289

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

EDICTO relativo á aceptación da delegación efectuada polo Concello de Catoira en materia de recursos locais.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 24 de febreiro de 2012, acordou, por unanimidade, aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o Concello de Catoira, por acordo do Pleno de data 29 de decembro de 2011 e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de inspección da liquidación da taxa pola utilización privativa do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración, fundamentalmente de enerxía, que resulten de interese xeral (taxa 1,5%), así como a emisión e recadación da liquidación resultante desta taxa.

A citada delegación será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL).

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 9 de abril de 2012.

Rafael Louzán Abal Carlos Cuadrado Romay
Presidente da Deputación Provincial Secretario da Deputación Provincial
de Pontevedra de Pontevedra