A base sexta da Resolución do 27 de xullo de 2010 (DOG n.º 149, do 5 de agosto), da Dirección de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición libre para o ingreso en diversas clases de persoal sanitario funcionario ao servizo da Comunidade Autónoma incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, prevé no seu punto 7 que, tras a publicación da puntuación provisional do exercicio, os/as interesados/as poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles. A estimación ou desestimación das ditas reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se publiquen as puntuacións definitivas do exercicio.
Transcorrido o prazo de reclamación, de conformidade coa mencionada base, o tribunal
RESOLVE:
Primeiro. Publicar as puntuacións definitivas do primeiro exercicio da fase de oposición obtidas polos/as aspirantes presentados á clase de subinspector sanitario no proceso selectivo convocado pola Resolución da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 27 de xullo de 2010 (DOG n.º 149, do 5 de agosto).
Segundo. Esta resolución poderá ser impugnada polos/as interesados/as nos termos previstos no número 3 da base oitava da citada convocatoria.
Santiago de Compostela,19 de abril de 2012.
Carmen Gerpe Caamaño
Presidenta do tribunal