Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 3 de maio de 2012 Páx. 16203

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2012, do tribunal encargado de xulgar o proceso selectivo para o ingreso na clase de inspector médico, relativo á publicación das puntuacións definitivas do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Resolución do 27 de xullo de 2010 (DOG n.º 149, do 5 de agosto).

A base sexta da Resolución do 27 de xullo de 2010 (DOG n.º 149, do 5 de agosto), da Dirección de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición libre para o ingreso en diversas clases de persoal sanitario funcionario ao servizo da Comunidade Autónoma incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, prevé no seu punto 7 que tras a publicación da puntuación provisional do exercicio os/as interesados/as poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles. A estimación ou desestimación das ditas reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se publiquen as puntuacións definitivas do exercicio.

Transcorrido o prazo de reclamación, de conformidade coa mencionada base, o tribunal

RESOLVE:

Primeiro. Publicar as puntuacións definitivas do primeiro exercicio da fase de oposición obtidas polos/as aspirantes presentados á clase de inspector médico, no proceso selectivo convocado pola Resolución da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 27 de xullo de 2010 (DOG n.º 149, do 5 de agosto).

Segundo. Esta resolución poderá ser impugnada polos/as interesados/as nos termos previstos no número 3 da base oitava da citada convocatoria.

Santiago de Compostela,19 de abril de 2012.

M.ª Mercedes Lanza Gándara
Presidenta do tribunal