Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 3 de maio de 2012 Páx. 16249

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica denominada subestación A Farixa, 132 kV, no concello de Ourense (expediente IN407A 2011/99-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: subestación A Farixa 132 kV.

Situación: Ourense.

Características técnicas:

Esquema unifilar de dobre barra tanto en 132 kV, como en 20 kV, e nesta fase móntanse dous transformadores de 30 MVA, trifásicos ONAN±10x1,632/21,YNyn0d11, existindo a posibilidade de montar outro.

O parque de 132 kV consta de:

– 2 posicións de liña.

– 2 posicións de transformador.

– 1 posición de medida de tensión de barras.

– 1 posición de acoplamento transversal.

O parque de 20 kV consta de:

– 16 posicións de liña.

– 2 posicións de transformador.

– 1 posición de medida de tensión de barras.

– 1 posición de acoplamento transversal.

– 2 posicións de transformador de servizos auxiliares, de 160 kVA e R/T 20.000/420-230 V.

Orzamento: 3.622.012 euros.

En cumprimento dos trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente.

Ourense, 3 de abril de 2012.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense