1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos.
c) Número de expediente: SXSI 09/12.
d) Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE): 23 de abril do 2012.
2. Obxecto de contrato.
a) Descrición do obxecto. Contratación do servizo de atención e soporte en centros aos usuarios de sistemas e servizos baseados en tecnoloxías da información dos centros educativos de ensinanzas non universitarias da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. CPA-2008: 62.02.30. CPV: 72611000-6.
b) Lugar de realización do servizo: Nos centros educativos de ensinanzas non universitarias e nas dependencias administrativas que decida a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
c) Prazo de execución: 1 ano.
d) Admisión de prórroga: si, 1 ano.
e) Establecemento dun acordo marco: non.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 72611000-6.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 381.355,00 €; IVE (18%): 68.643,90 €. Importe total: 449.998,90 €.
5. Garantías.
Provisional: non se exixe. Definitiva: 5% do importe de adxudicación sen IVE.
6. Clasificación.
a) Clasificación da empresa: grupo V, subgrupo 5, categoría C.
7. Obtención de documentación e información.
7.1. Información:
a) Entidade: oficina de información da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Domicilio: edificio San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.
7.2. Adquisición de pregos:
a) Teléfono: 981 95 75 22 ou 981 54 44 47.
b) Domicilio: Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos. Edificio administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
c) Así mesmo, poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17427
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 21 de maio de 2012, ás 15.00 horas.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación:
1) Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.
2) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.
3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data e hora: o 30 de maio de 2012, ás 12.00 horas.
10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 20 de abril de 2012.
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria