Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 16008

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (272/2012).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que por resolución ditada no proceso seguido por instancia de Álvaro Fernández Lorenzo contra Expedra, S.L., Canteras de Vilanova, S.L., Serrapedra, S.L., Xafel, S.L., Mármoles del Cantábrico, S.L., Gracami, S.L., Waldo Javier Fernández Vázquez, Josefa Pilar Fernández Rodríguez, Piedras y Granitos, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número despedimento/cesamentos en xeral 272/2012, acordouse citar a Expedra, S.L., Canteras de Vilanova, S.L., Serrapedra, S.L., Xafel, S.L., Mármoles del Cantábrico, S.L., Gracami, S.L., Piedras y Granitos, S.L., Waldo Javier Fernández Vázquez, en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan na sala de vistas deste Xulgado do Social número 1, situado na rúa Armando Durán, 1, 4.º, Lugo, o día 25.5.2012 ás 12.00 horas, para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberán acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 24 de abril de 2012.

O secretario xudicial