Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 16009

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (43/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que nos autos número 43/2010 de ditou sentenza número 221/2012 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 30 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 43/2010. É demandante Juan Antonio López Vega, asistido pola letrada Sra. Garrido Fernández, e demandada a empresa Moinco, S.L. Foi citado, da mesma maneira, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda interposta por Juan Antonio López Vega contra Moinco, S.L., e, en consecuencia, condeno a esta última a aboar a Juan Antonio López Vega a cantidade de 9.462,91 euros que lle debe, cantidade que se deberá incrementar con xuro de mora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino».

E, para que sirva de notificación a Moinco, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia y colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 10 de abril de 2012.

A secretaria xudicial