Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 15967

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 19 de abril de 2012 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión das axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo en Galicia convocadas pola Orde do 23 de decembro de 2011.

Pola Orde do 23 de decembro de 2011 (DOG n.º 248, do 29 de decembro) establecéronse as bases e convocáronse para o ano 2012 as axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo en Galicia.

No artigo 27 «Financiamento», relativo ao financiamento destas axudas, detállanse a aplicación orzamentaria e o importe económico previsto para elas, así como a posibilidade de incrementar a cantidade fixada anteriormente, de acordo co establecido no número 2 do artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Tendo en conta o elevado número e dimensión das solicitudes de axuda que se recibiron e a necesidade dun maior financiamento, cómpre ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente, coa finalidade de poder amparar as solicitudes de axuda presentadas, sempre que cumpran co establecido na orde desta consellería citada anteriormente.

En virtude do exposto, e de acordo co establecido no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e, no uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro (DOG n.º 23, do 21 de marzo), reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único.

Amplíase para o ano 2012 a dotación orzamentaria que se recolle na Orde desta consellería, do 23 de decembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia n.º 248, do 29 de decembro), pola que se convocan para o ano 2012 as axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo en Galicia, nos seguintes importes e aplicacións dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2012.

Importe

Proxecto

Partida orzamentaria

1.000.000,00 €

2007-00425

2012-16-22-712C-7701

Disposición adicional única.

O incremento de crédito previsto no artigo único non afecta o prazo que se establece para a presentación de solicitudes de axuda na devandita Orde do 23 de decembro de 2011.

Disposición derradeira.

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2012.

Rosa M.ª Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar