Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 16020

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 13 de abril de 2012, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, polo que se comunica a resolución do expediente sancionador E.S. 41/11 seguido a Estación de Servicio Carballo, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado a resolución do expediente sancionador dictada pola xefa territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Esta resolución na súa parte dispositiva di: sancionar a Estación de Servicio Carballo, S.L., coa multa de 1.000,00 (mil) euros como responsable da infracción administrativa especificadas nos fundamentos xurídicos desta resolución.

O interesado dispón do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste acordo para poder interpoñer recurso de alzada, contra esta resolución, perante o conselleiro de Economía e Industria, ben a través desta xefatura territorial ou directamente ante o competente para resolvelo, segundo o establecido no artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 13 de abril de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Denunciado: Estación de Servicio Carballo, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Ponienta, s/n, 15100 Carballo (A Coruña).

Sanción: 1.000 euros.