Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 16021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica no concello de Padrón (expediente IN407A 45/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE núm. 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T. Lamas.

Situación: concello de Padrón.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a C.T.C. Lamas, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,475 km, con orixe en apoio L.M.T.A. existente. Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 160 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230V. Saídas de baixa tensión subterráneas de C.T.C. Lamas, cunha lonxitude de 0,03 km. Liña en baixa tensión aérea cunha lonxitude de 0,145 km con condutor tipo R.Z. e apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2.º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 30 de marzo de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña