Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 16014

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 12 de abril de 2012, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución ditada declarando a desistencia da solicitude de inscrición da Xunta de Compensación do SUNC-7 O Porriño no Rexistro de Entidades Urbanísticas Colaboradoras, devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente 20/11).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a José Antonio Rodríguez Cuevas, representante da Xunta de Compensación do SUNC-7 O Porriño, co último domicilio coñecido en avenida Rosalía de Castro 3, 1.º D, 36860 Ponteareas, Pontevedra, a resolución ditada, declarando a desistencia de solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades Urbanísticas Colaboradoras, pola Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, resolución devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, o interesado dispón dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar a resolución na Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada nos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución sen prexuízo de que os interesados poidan exercer, se é o caso, calquera outro que estimen procedente (artigos 48, 58, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

E para que conste e lles sirva de notificación ao interesado, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2012.

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo