Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 16012

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 13 de abril de 2012, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se notifican as resolucións referenciadas, ditadas nos expedientes administrativos de carácter sancionador, pola comisión de infraccións graves en materia de turismo (CTSAN1 2011/49-1 e tres máis).

Por esta cédula, e de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás sociedades mercantís, titulares de establecementos turísticos, que a continuación se mencionan as resolucións dos procedementos sancionadores en materia de turismo por infracción administrativa grave da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia (DOG n.º 246, do 19 de decembro), modificada pola Lei 1/2010, do 11 de febreiro, e que, intentadas polos medios habituais, non se puideron practicar.

As sociedades interesadas poderán examinar o seu expediente e recoller as resolucións mediante comparecencia nas dependencias da Secretaría Xeral para o Turismo, situada na praza de Mazarelos, n.º 15, de Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, as sociedades interesadas poderán interpoñer recurso de reposición, ante a titular da Secretaría Xeral para o Turismo, no prazo dun (1) mes ou ben recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.b), 14.1 segunda, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Expediente: CTSAN1 2011/049-1.

Sancionada: Daigalicia, S.L.

NIF n.º: B70205232.

Último enderezo: avenida de Lugo, n.º 18. Arca.

Localidade: O Pino (A Coruña).

Precepto infrinxido: artigo 70.a) da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia.

Resolución: multa de 2.000,00 euros.

Expediente: CTSAN1 2011/063-1.

Sancionada: Viajes Crisol, S.A.

NIF n.º: A80086192.

Último enderezo: rúa Mahonia, n.º 2, 1.º (edificio Pórtico).

Localidade: Madrid.

Precepto infrinxido: artigo 70.i) da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia.

Resolución: multa de 6.300,00 euros.

Expediente: CTSAN1 2011/067-1.

Sancionada: Viajes Crisol, S.A.

NIF n.º: A80086192.

Último enderezo: rúa Mahonia, n.º 2, 1.º (edificio Pórtico).

Localidade: Madrid.

Precepto infrinxido: artigo 70.i) da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia.

Resolución: multa de 3.601,00 euros.

Expediente: CTSAN1 2011/082-1.

Sancionada: Cimavi Tours, S.L.

NIF n.º: B15706351.

Último enderezo: rúa Hórreo, n.º 60, baixo.

Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

Precepto infrinxido: artigo 70.b) da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia.

Resolución: multa de 901,00 euros.

As resolucións desta secretaría xeral poñen fin á vía administrativa; son, polo tanto, executivas, polo que deberán aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte.

O aboamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta secretaría xeral. De non efectuarse o ingreso no período voluntario, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2012.

M.ª Carmen Pardo López
Secretaria xeral para o Turismo