Eduardo José Castaño Barreiro, secretario do Social número 2 da Coruña.
Fago saber: que no proceso seguido por instancia de Ana Vanessa Fariña Mato e Eva María Lista Lista contra Chaudarcas Peluquerías, S.L. e Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 980/2009 ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión din:
«Asunto 980/2009.
Na cidade da Coruña, 28 de marzo de 2012.
Lara M.ª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de Ana Vanessa Fariña Mato e Eva María Lista Lista, que comparecen representadas polo letrado Sr. Pampín Miras, contra a empresa Chaudarcas Peluquerías, S.L., que non comparece, e contra o Fondo de Garantía Salarial, que comparece representado pola letrada Sra. Abajo Lera, ditou a seguinte
Sentenza.
Decido que estimando a demanda interposta por Ana Vanessa Fariña Mato e Eva María Lista Lista contra a empresa Chaudarcas Peluquerías, S.L., condénoa a que lles aboe as cantidades de mil cento setenta e tres euros e trinta e catro céntimos (1.173,34 €) á Sra. Fariña e de novecentos seis euros e sesenta e seis céntimos (906,66 €) á Sra. Lista, incrementadas as dúas co xuro por mora do 10%.
Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.
Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución.
De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto, e poderase substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista e deberase acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptivos para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.
Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».
E para que lle sirva de notificación a Chaudarcas Peluquerías, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).
A Coruña, 11 de abril de 2012.
O secretario xudicial