Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 27 de abril de 2012 Páx. 15531

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, convocado pola Orde do 27 de xullo de 2011 (DOG núm. 144, do 28 de xullo), pola que se modifica a data de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

O tribunal nomeado pola Orde do 13 de decembro de 2011 (DOG núm. 241, do 20 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, acordou modificar a Resolución do 16 de abril (DOG núm. 78, do 24 de abril), no que respecta á data de realización do terceiro exercicio, que queda fixada para o día 24 de maio de 2012 ás 16.00 horas na aula número 17 da Escola Galega de Administración Pública.

Mantense en todos os demais termos a Resolución do 16 de abril.

De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2012.

Xan Xosé Castro Dapena
Presidente do tribunal