Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 27 de abril de 2012 Páx. 15529

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2012, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 142, do 26 de xullo; corrección de erros do Diario Oficial de Galicia número 149, do 4 de agosto) pola que se fan públicas as datas, a hora e o lugar de realización do quinto e do sexto exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 17 de abril de 2012 reuniuse o tribunal designado pola Orde do 21 de outubro de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados. Na dita sesión, o tribunal acordou, de conformidade coas bases II.1.5 e II.1.6 da convocatoria, que o quinto e o sexto exercicio do proceso selectivo se realicen, respectivamente, os días 14 e 21 de maio de 2012, na aula 16 da Escola Galega de Administración Pública, a partir das 9.00 horas.

En consecuencia, convócanse para a realización do quinto exercicio o 14 de maio de 2012, no lugar indicado, as seguintes opositoras:

NIF

Apelidos e nome

33537176W

Mouriz Fernández, María Esmeralda

44813137Y

Rial Seoane, Patricia

47376022R

Tarrío Vila, Carlota

32669369P

Carballo Marcote, Sabela

44842589H

Concheiro Rodríguez-Segade, María Isabel

53181447L

González de Vicente, Ana

As opositoras deberán comparecer ás 9.00 horas para a realización do exercicio práctico por escrito. O tempo máximo de duración será de cinco (5) horas.

As opositoras deberán comparecer o mesmo día ás 16.30 horas para a lectura en sesión pública ante o tribunal do exercicio práctico.

Así mesmo, convócanse para a realización do sexto exercicio o día 21 de maio de 2012, no lugar indicado, as opositoras que superen o quinto exercicio.

As ditas opositoras deberán comparecer ás 9.00 horas para a realización do exercicio práctico por escrito. O tempo máximo de duración será de cinco (5) horas.

As opositoras deberán comparecer o mesmo día ás 16.30 horas para a lectura en sesión pública ante o tribunal do exercicio práctico.

As opositoras deberán presentarse a cada exercicio provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2012.

Rafael Álvaro Millán Calenti
Presidente do tribunal