Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 27 de abril de 2012 Páx. 15532

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2012 pola que se aproba e fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir catro prazas da categoría profesional especialista de oficios, xardineiro, grupo IV 1 desta universidade, dúas pola quenda de promoción interna e dúas pola quenda de acceso libre.

Mediante Resolución reitoral do 7 de xullo de 2011 (DOG do 29 de xullo e BOE do 8 de marzo de 2012), convocáronse probas selectivas para cubrir catro prazas da categoría profesional especialista de oficios, xardineiro, do grupo IV 1 da USC, dúas pola quenda de promoción interna e dúas pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 30 de xaneiro de 2012 (DOG do 15 de febreiro), modifícase a do 7 de xullo de 2011.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Declarar que non hai persoas aspirantes pola quenda de promoción interna.

Terceiro. Indicar que a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web: http:www1.usc.es/webpas/

Cuarto. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de persoas admitidas, dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2012.

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela